lunes, 8 de marzo de 2010

En ese momento sintió como el mundo se detenía, como todo lo que había a su alrededor se desvanecía, como lo único que sentía era un nudo en su pecho, una angustia que le impedía casi respirar. Derepente sin previo aviso, encontró su cara mojada.. bañada en pequeñas gotas de agua salada, como aquellas que bañan tu cuerpo cuando una ola juguetona del mar rompe contra una roca. Se sentía pequeña e insignificante y no comprendía porque se había marchado, porque después de ofrecerle tanto él se alejaba sin decirle tan siquiera un adiós aunque fuera doloroso, ella lo hubiera preferido.Siempre evitó hacerlo, evitó al amor intentando escapar de él como quien escapa de la fría lluvia en las noches de invierno pero esta vez no lo consiguió y la invadió sin llamar a su puerta. Sus ojos color miel sepultaban tras ellos una vida llena de angustia y temor, de tristeza y dolor.. pero ella siempre intentaba sacar lo mejor de si y vivir esperando la verdadera y gran felicidad, que estaba segura de que en algún momento de su largo camino llegaría atravesando los altos pinos.
En ese momento escuchó un ruido a sus espaldas y dejó atrás sus pensamientos girandose rápidamente con la esperanza de que volviera, de que recapacitara y entendiera que junto a ella podría ser feliz... pero nuevamente se equivocó y la espinita se clavó un milimetro más adentro en la coraza que protegía su corazoncito, ahora ya rota e inútil.
Quiso correr tras él hasta caer rendida sin fuerzas pero... para que? si él había decidido abandonarla y seguir con su camino lejos del suyo, porque tendría que hacerlo? Envuelta entre tantas preguntas sin respuesta le invadió otro sentimiento diferente, el odio. Porque despues de ofrecerle todo lo que podía y más se fue? Sintió que sus fuerzas se iban debilitando poco a poco, que una vez más había perdido la batalla contra la vida.. asique se apoyó en un viejo y grueso roble decidida a esperar ,pacientemente, a eso que tanto ansiaba y que nunca llegaba, su felicidad. Porque la vida no la trata como de verdad lo merece?...


Lorena Abeledo Vazquez.



Escrito por una conmovida amiga de ojos grandes que quiso decirme lo que pensaba la chica cuando el vagamundo marcho.

sábado, 6 de marzo de 2010

O Vagamundo

Ao Vagamundo, asaltaronlle os recordos da sua terra cando estaba sentado ao borde do río cos pes metidos na auga, nese soleado e caluroso mediodía.
Recordou cando xunto coas suas primas ía no verán polas fragas, buscando silveiras que tiveran voas moras, ou cando no inverno arrimábanse todos baixo una manta mentres vían ao vento bailar coas arbores, e a choiva azotar a fiestra.
As vágoas asolagaronlle os ollos, e decidiu, mentres intentaba evita-la morriña, que xa era hora de seguir o camiño.
Levantouse, secou os pes na herba, e marchou daquel lugar. Camiñaba río abaixo, atravesando una rexion montañosa, pola que o río vaixaba polo escaso espazo que lle deixaban os montes, arrastrando e desmenuzando rochas, levándoas, coma se fosen un recordo dos montes.
En ocasións, o espazo que lle deixaban os montes ao río era tan pequecho, e as ladeiras do monte tan empinadas e inestables, que se vía na obriga de dar un rodeo, como nesta ocasión.
O espacio polo que camiñar fórase facendo cada vez mais pequeno, ata que el tivera que ir saltando de rocha en rocha, e xa nin sequera podía facer iso.
So lle quedaban duas opcións, ou meterse no río, cousa imposible, pois acabaria mancándose coas rochas e a forza da corrente, ou subir o monte, para baixar polo outro lado, e continuar paralelo ao río.
Volveu sobre os seus propios pasos, hasta que a pendente do monte fíxose mais practicable, cando encontrou un bo punto, pasou ao outro lado.
Camiñou paralelo ao río, todo o rápido que puido, recordando todos os sitios polos que pasaba, para en caso de necesidade saber volver.
Así, mentres camiñaba caviloso, o Vagamundo deuse conta de que o ceo xa oscurecera, e lle quedaban poucas horas de luz.
Veu un pouco mais adiante un grupiño de arbores, e dirixiuse cara eles. Buscou o mais vello e forte, e acurrucouse entre as suas raíces tapado cunha manta.

A mañá seguinte, despertouno o cantar dos paxaros, abriu os ollos, e mirou ao seu redor, intentando recordar onde estaba. Cando se deu conta de que estaba lonxe do río, gardou as suas cousas cunha repentina presa, e enseguida seguiu o camiño.
Camiñou seguindo ao monte durante toda a mañá, poñendose cada vez mais nervioso, pois non daba atopado un sitio polo que volver ao río. Estaba apunto de desesperar, pero así ao lonxe, escoitou o suave rumor da auga.
Case correndo dirixiuse cara o son, e cando chegou case chora de alegría ao ver un pequeno río. O Vagamundo esperaba que este o levara de novo cara o seu río.
Cruzouno, e de ahi a unhas horas seguindoo volveu a estar no curso do seu río.
O Vagamundo tranquilizouse, e nesas horas, puido ver como os montes íanse afastando, e suavizándose os seus cumios.
Un pouco mais adiante, encontrouse cunha maceira, cargada de froito. Comeu algúns, alí mesmo, e gardouse outros para mais adiante. Enseguida continuou a andar.
Seguiu a andar toda a tarde, observando como o río facíase cada vez mais manso, e como se suavizaban os montes, e cando xa empezaba escurecer, acurrucouse entre unhas rochas, e botou durmir.

Ao día seguinte, espertou dun brinco cuberto de suor. Tivera un horrible pesadelo.
Nel, vira a sua casa en ruínas, as fragas da sua terra queimadas, e a sua xente malvivindo. Vestían roupas rachadas, e andaban cheos de merda. Os rapaces, esqueléticos, xa non xogaban nin rían, se non que camiñaban dun lado cara outro cabidbaixos.
Asolagáronselle os ollos de bagoas, e aínda que case non amanecera, comezou o camiño.
Durante todo o día, alumeara o sol no ceo, e ningunha nube se atrevera a asomar ese día polo ceo, pero ao vagamundo, era o mais gris da sua vida.
Os montes, seguiron a suavizarse, e cada vez se vían mais arbores, pero ao Vagamundo isto non lle conseguiu eleva-la moral despois do funesto pesadelo que tivera.
Cando chegou o mediodía, comeu as mazas que lle quedaran do día anterior, e bebera un pouco de auga a pracida sombra dunhas arbores.
O sitio, era moi bo, pero o Vagamundo liscou de alí enseguida, perseguido por una estrana sensación de estar sendo obsevado. Toda a tarde andivo mirando cara todo-los lados, pero non conseguira ver nada. So cando xa o sol intimaba co horizonte, puido ver unhas rápidas sombras deslizarse entre as rochas e os matorrais.
Ao principio, pensou que eran imaxinacións suas, ata que escoitou ao seu carón, un terrible ahullido de lobo. Consolouse pensando que eses lobos podían estar alí por casualidade, con que non tiña porque empezar a pensar nada raro, pero todo-los seus razoamentos, foron botados por terra, cando escoitouno de novo, e foi respondido por outro, ao seu outro lado.
Mais tarde oíaos todo ao seu redor.
Nun intre, fixérase de noite, e pronto comezou a ver brillantes e malevolos ollos na escuridade. Cheouse os petos de pedras, e cada vez que os vía, lanzáballes unha.
Porsuposto, non tiña moita puntería, pero dous ou tres veces atinou, e tivo a satisfación de oílos xemir de dolor. Isto, non facía moito, pero polo momento, mantíñaos a raia.

Levaba xa horas correndo. Levaba unha grosa pola na man, coa que esperaba poder enfrentarse cos lobos cando se lle botaran encima, que, calculou que polas forzas que lle quedaban non ía ser dentro de moito.
A situación era desesperada, pero malia isto, ¿Que podía facer mais que segui-lo río coa lonxana esperanza dun milagre? Correra durante moito tempo, e xa o sol do amanecer comezara ilumina lo ceo. Parecíalle mentira, pero conseguira sobrevivir durante toda a noite. Pero xa chegara ao límite das suas forzas, e xa non cabía lugar para ningún milagre. Xa case nin tiña forzas para seguir correndo. Nese intre estaba a subir unha costa, e calculou que caería sen forzas cando terminara de subila.
O Vagamundo non se dera conta, pero durante a noite, os montes afastaranse uns dos outros cada vez mais, e fixéranse moi redondeados e baixos. E ao non ir vendo todo isto pouco a pouco, cando chegou ao alto da costa e veu de súpeto, mais ala duns poucos outeiros, unha chaira que se estendía ata onde alcanzaba a vista, quedou abraiado, e detívose. Pero os lobos que levaba detrás xa corrían a por el, asique sacando as forzas non sabia de onde, volveu correr.
Ao baixar unha costa, avanzaba moito mas rápido que antes, pero cando botou unha mirada atrás veu que os lobos xa case estaban encima del. Isto despistoulle, facendoo tropezar. Caeu, e os lobos votáronselle enriva. O Vagamundo conseguiu apartalos e levantarse, e ao lobo que xa volvía á carga, deulle na cabeza con todas as suas forzas.
A vara quedou partida pola metade, pero o lobo, caeu ao chan coa cabeza nun charco de sangue.
Os lobos retrocederon ante esta visión, pero un segundo despois xa volvían á carga. O Vagamundo baixou a toda presa a costa, e ao chegar ao final, caeu de puro esgotamento.
Deuse a volta, para ver como se lle estivese pasando a outra persoa, como os lobos votábanselle de novo enriba. El apartounos con brazos e pernas por puro instinto. Sentiu vagamente como lle desgarraban un muslo, e como un cerraba as suas mandíbulas con toda-las suas forzas sobre o seu brazo. Viu entre os vapores que cubrían os seus ollos, como un lobo xa saltaba para darlle o golpe de gracia desgarrándolle o pescozo. Tivo un ultimo pensamento para a sua terra, e para a sua familia, mentres esperaba a morte, cando un animal branco interpúxose entre o lobo e o Vagamundo seguido dunha figura cunha longa cabeleira.
Un intre despois, perderá o coñecemento.


O Vagamundo estivo varios días a durmir. De vez en cando, comezaba xemir da dor, outras veces revolvíase na cama, pero cando soñou cuns grandes ollos, que o miraban con preocupación, puido durmir tranquilo, pois non sabia porque, o tranquilizaban, sabia que estaban velando por el.
Cando por fin espertou, non sabia se estaba morto ou vivo. Mirou ao seu redor, e viuse nunca pequena cabana de madeira. Case non tiña mobles, e un fogar con lume dáballe calor á casa. Pero todo isto pasou desapercivido para o Vagamundo, pois inclinada sobre o fogar, atizando o lume, estaba unha moza, que ao Vagamundo semellaba un anxo.
A sua pel tostada polo sol, estaba cuberta por unha sinxela camisa, e uns pantalons. Sobre a sua espalda, caía en cascada o negro cabelo, pero ao vagamundo o que de verdade lle chamou a atención, foron os seus ollos.
Eran grandes, saltóns, do cor da mel, e tan profundos coma o mais profundo océano. Expresaban unha profunda preocupación, mentres o lume reflexábase neles, dándolles un aspecto temible, pero, a un tempo, sublime. Ao Vagamundo atrapárono enseguida, e xa nunca os olvidaría.
A moza volveuse, e ao velo erguido e despertou, sorriu mostrando unha fileira de brancos dentes, e encendendo unha chispa de luz nos seus ollos que iluminou toda a cabana.
-Ola- Atinou dicir o Vagamundo confundido.
O rostro da moza tinxiuse de inconprensión, e soupo que non falaba a sua lingoa.
Non sabia que facer para comunircarse, ata que se lle ocorreu algo.
Sinalouse a si mesmo, despois intentou imitar a un lobo, sinalou as suas feridas, e despois sinalouna a ela. Ela comprendeu, e tras dicirlle que esperara un anaco, saíu pola porta.
Enseguida entrou de novo, traendo consigo unha cadela branca coma a neve, coxeante. O Vagamundo fixouse, e viu a sua para vendada, e manchada de sangue, e comprendeu. A moza e mais a cadela habíano salvado a noite anterior, e a cadela resultada ferida. A moza comezara facer xestos, pero el xa nin a vía, tiña toda a sua atención centrada na cadela e na sua pata ferida. Levantouse, para intentar consoar á cadela, pero ao apoiar a sua perna ferida no chan, berrou da dor, e volveu caer pola cama. A cadela laiou retrocedendo, e a moza correu cara el, para axudalo.
Acostouno de novo, e deulle algo de comer. Agora, o Vagamundo xa mais tranquilo fixouse en que tiña feridas por todo o corpo, pequenos cortes, e golpes, nada mais, as que a moza lavara. Tamén tiña o muslo vendado, e o brazo vendado e en cabestrillo. A moza fixéralle todo iso, e polo que puido ver, bastante ben, e cavilando, deuse conta de que a moza levarao dende os montes ata alí, tiña que ser unha muller forte, pois non vía señais de ninguén mais na cabana. Cavilando nisto, durmiu e soñou cos ollos da moza de novo.

Foron pasando os días, e pouco a pouco, o Vagamundo e mais a moza comezaron a aprender a comunircarse. Cada día as feridas estaban millor, o brazo curaralle moi rápido, e pouco a pouco o Vagamundo comezou a levantarse. Ao principio, doíalle a rabiar a perna, pero conseguía dar algúns pasos, sempre apoiándose nos mobles, e caendo esgotado na cama deseguida. Pero chegou o día, en que puido saír fora da cabana.
Ía apoiándose nunha vara, e ca moza ao seu carón, atenta a todo-los seus movementos. Era a primeira vez que vía o sol despois de moitos días, polo que o cegou e tivo que taparse os ollos para non quedar cegado. Mirou ao seu redor, e o único que viu, foron bastas extensións de chaira, excepto no lado polo que el viñera, no que se alzaban orgullosas as montañas. A cabana estaba pegadiña ao río, no que nacían nunha orxía de vida fileiras de arbores ao largo del. Deu unha volta á cabana, e descubriu que na parte de atrás, a moza coidaba dunha horta, e despois, volveu á cabana esgotado.
Esta saída, so foi a primeira, de moitas outras. Cada día saía durante mais tempo, e comezou a dar paseos cada día mais longos. Tamén comezou a xogar moito coa cadela branca, lanzándolle cousas, ou paseando con ela. E xa cando se sentiu mais seguro, propúxolle á moza, axudarlle na horta.
Isto provocou una gran discusión na que cada un falaba na sua propia lingua a berros, xesticulando moito. Case non se entenderon, pero despois de pasar a tarde sen dirixirse a palabra, a moza accedeu.
Agora despois de da-lo seu paseo, ía a horta e axudábaa, aínda que sempre nas tarefas mais lixeiras e sinxelas.E foi así, que a volta dun dos seus longos paseos, deu a volta a cabana para ir axudala, e viuna cantando.
Parecíalle moi vela desde a primeira vez que a vira, pero ese día, ela tiña a roupa manchada de terra, un pano de fino fío na cabeza recolléndolle o cabelo e gotas de suor corréndolle pola frente ata a punta do narís, mentres o sol do atardecer alumeaba a sua tostada pel.
A melodía que cantaba, era a mais vela que xamais el oíra, aínda que a letra non podía entendela, seguía sendo igual de vela, se non mais.
Ela non se decatou da sua presenza, e o Vagamundo quedou alí de pe, mirándoa.
A moza non o viu ata que xa a luz do sol empezaba a escapar do ceo, e cando levantou a vista cesou a canción de súpeto.
Ruborizouse, pois sabía que a estivera escoitando. O Vagamundo rompeu en sonoras carcaxadas. Ela dirixiuse cara el finxíndose ofendida, e comezaron unha finxida pelexa.
Remataron rebozándose polo chan entre risas, pero dende aquel día, creouse entre eles unha estrana atración mutua, pola que en ocasións, o vagamundo descubría a moza mirando fixamente cara el, e a moza descubríao a el mirando cara ela.

Os días pasaron mais felices ca nunca, e, para o Vagamundo, á vez foron os mais amargos, pois sabía que pronto tería que marchar. A sua perna xa estaba case curada, e podía camiñar perfetamente cunha leve coxeira e apoiándose nunha vara. Pero o Vagamundo resistíase a marchar, non quería ir, e buscaba escusas que non se sostiñan, así que, chegou un día no que se decidiu.
Unha noite, antes de se acostaren con moitas dificultades fíxolle entender a moza que tiña que marchar de novo. A tristeza invadiu o seu rostro, e a luz dos seus ollos difuminouse. Unha lágrima rodou pola sua meixela, mentres a moza baixaba a cabeza.
O Vagamundo secoulla, cun xesto que rematou por ser unha caricia. Mirouna aos ollos, e quedou atrapado. Ela achegouse todavía mais, ata que o Vagamundo puido sentir a respiración dela nos seus beizos. Entón, achegandose todavía mais, bicouno xusto na comisura dos beizos.
O Vagamundo quedou paralizado, non podía seguir, se seguía, sabía que xa non podería marchar nunca mais, e el tiña que seguir a sua viaxe.
Pero non foi quen de conter a pasión. Baixou coa sua boca polo queixelo da moza, e cando chegou ao pescozo mordeu alí onde baixaba o sangue quente. A moza subiu polo seu rostro, bicando cada milímetro del. O Vagamundo non podía mais, tiña dentro unha loita entre a sua pasión e a sua responsabilidade, pero sabía que non seguir a viaxe, para el significaría coma a morte. A moza abriu a boca, e mordeulle o narís, acariciándollo cos dentes, suavemente, mentres o alento quente escapaba rozando as suas meixelas. O Vagamundo estaba a piques de perder o control, e darse á luxuria e a pasión, pero nun ultimo momento de lucided, apartouna de si rapidamente, case con brusquedade.
Miráronse aos ollos. A moza, confusa, interrogante, o Vagamundo, triste, suplicante. Suplicándolle á moza que o comprendera.
Ela deuse a volta, entornando os seus abafantes ollos, nos que nun ultimo vistazo puido ler decepción, e quizais, incluso un mudo reproche.
O Vagamundo acostouse coa intención, de ao día seguinte marchar pola mañá cedo, sen que a moza o vira, e tentaría olvidalo todo.

Ao levantarse, á maña seguinte, vestiuse, colleu as suas cousas e saíu da cavana sen ver á moza. Unha vez fora, comezou a camiñar á carón do río, sen sequera mirar ao seu redor.
Cando xa levaba uns cantos pasos, apoiándose na vara e coxeando, cando sentiu unha fría e pequena man cerrarse sobre a sua.
Deuse a volta, e viu a moza cun tibio sorriso na cara. Ela quitoulle a carga, e fíxolle xestos de que a seguira mentres se ia espindo. Correu cara o río, e ao borde del, xa sen nada enriva, tirouse. O Vagamundo, tras cavilalo un segundo, coma ela espiuse, e se lanzou ao río.
Pasaron a mañá na auga, entre risos e xogos, e ao mediodía saíron. A moza entrou na cabana, para preparar algo que comer. O Vagamundo deitouse, completamente espido na herba, mentres o quente sol o secaba, e soupo que ese era o momento de marchar.
Non podería soportar unha despedida, e tomou unha decisión.
Vestiuse, recolleu toda-las suas cousas, e comezou camiñar, apoiándose na sua vara río abaixo, mentres as lágrimas lle percorrían o rostro.
Uns minutos despois, unha moza sorrinte, saía dunha cabana a carón dun río, ao pe dos montes. Os seus ollos dilatáronse da sorpresa, e das suas mans caeron un par de pratos de comida mentres o sorriso fugábaselle do rostro.